Museo Massó - BUEU
Valoración: 5

Situado nun edificio que formaba parte da factoría Massó, antiga industria conserveira. As orixes do museo débense ao labor coleccionista da familia Massó, que culmina coa apertura dun museo do mar, de carácter privado, en 1932. O museo se reinaugura en xullo de 2002, presentando unha colección de contido etnográfico e antropolóxico, co mar e as súas actividades como tema dos seus fondos: desde obxectos procedentes da fábrica de conservas ata outros vinculados a oficios ancestrais como a carpintería de ribeira, a salgadura de peixe ou as artes de pesca. Tamén contén unha colección bibliográfica moi valiosa e de excepcional calidade, da que destaca a sección de incunables. Completan a colección unha pequena serie de instrumentos náuticos, maquetas de embarcacións históricas e tradicionais e un bo número de gravados de escenas mariñas.

Características de Museos e centros de interpretación

  • Horario de apertura ao público De martes a sábado: de 10:00 a 20:00 h. Domingo y festivos de 10:00 a 14:00 h.
  • Dia non visitable Lunes