A mediados do século XI, tómase a decisión de reconstruir a antiga capela, encargando os bocetos da mesma ó pintor Urbano Lugris. O seu actual enclave non é exactamente o que tiña antigamente. As obras quedan rematadas no ano 1953, cun acto no que é bendecida e aberta ao público. No seu interior destaca unha talla de madeira que representaba ós tres Reis Magos, un retábulo de madeira de tres carpas que contiña cinco cadros de Urbano Lugrís, un grande na carpa central e dous dispostos verticalmente en cada un das carpas laterais.
É unha pequena capela de planta cuadrangular e tellado a catro augas,. Na fachada principal, un arco de media punta sobresae a modo de pórtico coroado por un crismón cunha cruz aspada no seu centro. Este arco, está decorado con motivos mariñeiros, destacando a cuncha de vieira na clave, e a cada lado dela, completan a decoración: un barco de vela, unha áncora de esilo almirantazgo, un peixe, unha gaivota, unha rosa dos ventos e unha balea.
A ámbolos dous lados da entrada, duas fornelas acollen as figuras pétreas da Virxe e de San Xosé.
Nas dúas paredes laterais hai un total de catro contrafortes, que fan ás veces de altares. En cada un deles atópase unha figura evanxelista.
Para Lugrís, a capela en si mesma representa o altar, e o recinto ou igrexa é a contorna, a natureza, o val de Bueu ao fondo e as impresionantes vistas sobre a ría. Debido a isto, é un templo singular, pero, ademais hai que resaltar que só existen dous templos adicados aos Reis Magos, un na Catedral de Colonia (Alemaña) e outro na Capela dos Santos Reis en Bueu.
Textos: http://www.concellodebueu.org