Excelente praia rústica protexida como Espazo Natural.
Praia de gran extensión, en forma de media cuncha, de area branca e grosa. Inmersa nunha contorna forestal e rural, rodeada de bosques e campos de millo, os cales proporcionan un aspecto salvaxe e solitario. Ten asociadas dúas pequenas praias, cada unha nun extremo: á dereita, unha pequena praia nudista separada só en pleamar da praia de Tulla por unhas pequenas rocas; á esquerda, a praia de Cornide, escondida, repleta de cunchas e rocas. A praia de Tulla presenta grandes desniveis nalgúns tramos, con impoñentes dunas de area. Ventosa, con ondada moderada. Zona de fondeo de embarcacións. Ideal para contemplar o faro de Cabo de Udra, desde onde á súa vez pódese obsrvar o retorno, á tardiña, dos barcos que regresan a porto para poxar o peixe na lonxa de Bueu. Proposta para a integración na Rede Natura 2000. Incluída no Plan Especial de Protección Ambiental de Cabo Udra.