Praia en forma rectilínea, de area dourada e grosa, situada no núcleo urbano de Bueu. Case desaparece cando a marea está chea. Dividida por un pequeno peirao, acompañado dun peirao flotante, é utilizada para albergar pequenas embarcacións, como "gamelas", "dornas" (pequenos barcos de pesca, con vela trincada e casco de tingladillo, é dicir, montando as táboas unhas sobre outras polo extremo, tradicionalmente do mundo nórdico), lanchas, etc. Neste peirao, os mozos e non tan novos, practican a inmersión con espectaculares e graciosos saltos. Recollida dos ventos e con augas tranquilas. Portuaria, con zona de fondeo de embarcacións. Ideal para pasar un día divertido nun bonito ambiente natural.