Praia en forma rectilínea, de area branca e moi fina. Inmersa na contorna virxe do norte da Illa de Ons, actualmente está en estudo a súa inclusión no Parque Natural das Illas Atlánticas. Pouco ventosa, con augas tranquilas, cristalinas e frías. Paradisíaca. Con boas vistas da ría de Pontevedra.