Praia en forma rectilínea, de area branca e grosa. Inmersa na contorna virxe do norte da Illa de Ons. Pouco ventosa, con augas tranquilas, cristalinas e frías, é unha praia paradisíaca, ideal para a contemplación da natureza salvaxe (multitude de aves mariñas). Á vez pódense ver algunhas "dornas", pequenos barcos de pesca, con vela trincada e casco de tingladillo, é dicir, montando as táboas unhas sobre outras polo extremo, tradicionalmente do mundo nórdico.