Praia en forma rectilínea, de area branca e moi fina. Inmersa na contorna virxe do norte da Illa de Ons. Pouco ventosa, con augas tranquilas, cristalinas e frías propicias para o baño, é unha praia paradisíaca. Destaca a sepultura antropomorfa "Laxe do Crego" , á cal se pode acceder con marea baixa. Boas vistas da ría de Pontevedra.