Praia, de media cuncha, de area branca e fina. Inmersa nunha contorna rural, virxe. Rodeada de curiosas formacións graníticas modeladas pola acción erosiva do vento e do mar. Ventosa, con augas tranquilas, cristalinas e frías. Moi asollada. Con boas vistas da ría de Aldán e a punta de Couso. Zona de fondeo de embarcacións. Ideal para os amantes da natureza e a tranquilidade. Proposta para a integración na Rede Natura 2000. Incluída no Plan de Protección Ambiental de Cabo Udra.