Presentación libro: El inmenso mar de los olvidados

O Museo Massó acolle o venres, 19 de febreiro, ás 20.30 horas a presentación do libro El inmenso mar de los olvidados, na que estará o escritor e investigador J. Jacobo Ríos e o editor José Luis Pardo.


A obra está inspirada en feitos históricos que tiveron lugar no século XVI na Costa da Morte durante os enfrontamentos entre España e Inglaterra. É este un libro de naufraxios, de soños e derrotas.


Fisterra, Sardiñeiro, Corcubión, Moraime, Soneira son centros dunha trama de espionaxe e aventuras mariñas no marco do conflicto hispano inglés da época.


Fecha: 19/02/2016 20:30 - 19/02/2016 22:00