Pequena praia en forma rectilínea, de area branca e fina. Inmersa nunha contorna rural, nas inmediacións da praia de Area de Bon. Ventosa, con ondada moderada. Proposta para a integración na Rede Natura 2000.
Bandera azul 2016Praia en forma de tómbolo, de area dourada e fina. Situada nunha contorna rural, entre Punta Forcadela e Punta Restada, áchase rodeada de pequenos illotes, o maior o de Corveiro do Lago. Contigua á praia de Lagoelas. Ventosa, con ondada moderada, é unha praia un pouco perigosa polas correntes mariñas que se producen ao chocar o mar coas numerosas rocas que a rodean. Separada doutra pequena praia polo miradoiro de Lago...